Tu Carrito
No hay más artículos en su carrito
- -5%
Castelao nº6: O voo da curuxa. Unha tarde con dona Emilia no pazo de Meirás
9788412469585
Últimas unidades en stock
13,21 €
13,90 €
-5%
Entrega de 1 a 4 días laborales
Eduardo Zamacois, intelectual e cineasta, percorre a España dos anos vinte do século pasado na procura das grandes plumas da literatura para filmar un innovador documental. No seu percorrido, fai parada no pazo de Meirás, para encontrarse cunha muller cun carácter único: Emilia Pardo Bazán.
Esta obra é un achegamento fascinante aos derradeiros meses de vida de dona Emilia. No seu aspecto gráfico, lémbranos a estética dos gravados clásicos, e consegue cativarnos grazas a un guión maduro e con ritmo narrativo áxil que transita entre o real e o literario, incorporando relatos da propia Pardo Bazán.
Inacio e Iván Suárez retornan con mestría ao catálogo de Demo cunha obra na que demostran que en Galicia temos aínda moito por contar da nosa terra, da nosa cultura e das nosas xentes.
- Editorial
- Demo Editorial
- Idioma
- Gallego
- Fecha de publicación
- 21/11/2022
- Nº de páginas
- 50
- Tamaño (cm.)
- 17x24
- Formato
- Rústica con solapas
2 Artículos
Nuevo