• -5%
Stratos

Stratos

9788493725662
Últimas unidades en stock
9,45 € 9,95 € -5%
Entrega de 1 a 4 días laborales

 
Coa liberdade que outorga situar a acción nun tempo futuro, Miguelanxo Prado deseña neste álbum, mergullándose nas claves da ciencia ficción distópica, unha sociedade baseada no consumo e na que predominan o racismo, a corrupción e a destrución sen control dos recursos naturais. Cun discurso duro e cruel por veces, mais non exento de certos acenos cómicos, asistimos ás teimas e obsesións de todos os seres que compoñen eses estratos tan ferreamente delimitados desde o nivel máis baixo, o dos “proletas”, ata o composto polas oito persoas que, á sombra do poder económico, controlan todos os gobernos mundiais.
Unha intelixente e funcional construción narrativa apoiada por un abraiante despregamento de recursos gráficos que segue a cativar, malia o tempo transcorrido desde a súa primeira aparición por entregas nas páxinas da revista Zona 84 e posteriormente como álbum en 1987, se cadra porque estamos perante unha desas boas historias de ciencia ficción que funcionan como espello do que somos.
Editorial
El Patito Editorial
Idioma
Gallego
Nº de páginas
56
Tamaño (cm.)
29,5x22
Formato
Rústica con solapas
2 Artículos
Nuevo

16 otros productos en la misma categoría:

Product added to wishlist