A profecía do armadillo

A profecía do armadillo

9788419795168
Últimas unidades en stock
20,00 €
Entrega de 1 a 4 días laborales

 
Chámaselle profecía do armadillo a calquera previsión optimista fundada en elementos subxectivos e irracionais tomados como lóxicos e obxectivos e destinada a alimentar decepción, frustración e lamentacións polos séculos dos séculos, amén.

A profecía do armadillo publicouse por primeira vez en 2011, nunha autoedición de 500 exemplares que Zerocalcare distribuíu en persoa polas librerías de Roma e vendeu despois por internet. A partir de aquí os acontecementos precipítanse: pon en marcha un blog que acada un éxito inmediato, a editorial BAO publica A profecía do armadillo en cor e logo veñen outros álbums, que se venden por centos de milleiros de exemplares.

En 2017 BAO reedita A profecía do armadillo no seu formato orixinal en branco e negro, cun novo limiar no cal o Zerocalcare de 2017 retrocede no tempo para falarlle ao seu eu de 2008, que está a piques de debuxar ese primeiro álbum que tes agora nas mans. Esa edición de 2017 é a que ofrecemos agora en galego.
Editorial
Rinoceronte Editora
Idioma
Gallego
Fecha de publicación
01/03/2024
Formato
Rústica
2 Artículos
Nuevo

16 otros productos en la misma categoría:

Product added to wishlist